Inicio > Blog > Ola mundo!

Ola mundo!

4/04/2012

Ola a todos e a todas

Estamos xa na primavera, de non ser polo despertar da natureza nesta época do ano case non nos teriamos dado conta, pasamos por alto o inverno no que so o calendario nos deu conta de tal feito, pois a falta de chuvias, a seca, e as temperaturas impropias desa época do ano nada dicían da súa presencia.

E ao par do espertar da natureza tamén agroma na rede de redes esta nosa web, e o blog que nela se inclúe, para poñer no mundo as nosas aldeas, o noso concello, a nosa Terra. Creamos un espazo de comunicación, que pretende selo tamén de manifestación e de expresión cultural, no que teñan cabida e participación todos aqueles e aquelas que así o desexen.

En tempos difíciles, coa crise global, económica, pero tamén de valores, que todos e todas coñecemos, en tempos de recortes e mais recortes, na que a cultura ocupa un plano secundario, calquera ferramenta da que nos dotemos para que se coñeza o que somos debe ser benvida. Invitámosvos, pois, a participar e a facernos chegar as vosas achegas a este escaparate, xa sexa a modo de ideas, de propostas de comentarios, de pensamentos, de imaxes, fotos, etc. Todo aporte será benvido.

Un saúdo

Etiquetas: tag-1 tag-2

Comentarios

A.C. As murallas

  • MAIL: asociacionculturalasmurallas@hotmail.com

Estamos presentes tamén en medios sociais.

Localización