Inicio > Blog > V Serán e XXi Romaría da Cruz de Avelán

V Serán e XXi Romaría da Cruz de Avelán

29/05/2012

Ola a tod@as

O vindeiro sábado día 2 terá lugar na encrucillada da Cruz de Avelán o V Serán que organiza a AA.VV. de San Xoán de Laiño, dende as 22,30 en diante non faltaran gaitas, e pandeiretas, haberá pinchos para matar a fame, e non pasaremos sede, iso seguro, hai unha boa fonte preto, vale, se non queres auga os organizadores algo terán no carro para que non pases sede, agardemos que a prezos a proba de crise, seguro que si, son boa xente.

Non che están os tempos para andar xogando ao volante e, se non queres que che voen os puntos, tamén pensaron niso hai monte abondo onde botar unha cabesadiña, ao pairo se non tes tenda, ou se non es quen de montala, e se non, pois iso, zona de acampada.

O domingo 3, un ano mais, e sa van vinteún, terá lugar a Romaría da Cruz de Avelán, sardiñas, empanadas, pan de millo e viño e un bo lugar para xantar en familia ou entre amigos nunha paraxe que se presta para pasar un bo día sen aburrirse.

Beber con moderación, polo menos non meterse en leas nin faltarlle ó veciño, pasalo ben, divertirse, bailar, rir, chorar, ou o que queirades, pero sempre sendo bos.

Choverá? Non o sabemos, é a romaría da Cruz de Avelán, co cal as probabilidades son altas, pero esperemos que non....

... o dito, non faltedes e a pasalo ben.

Déixovos tamén o cartel co programa previsto, e tamén coas casas anunciantes que aportan, xunto cos veciñ@s, o seu gran de area para que se poda seguir celebrando esta festa.

E tamén, como non, un saúdo e o agradecemento aos organizadores, que ben o merecen e moito traballan para que tod@s o podamos pasar ben..



Un saúdiño.


Cartel_Avelan_2012.jpg

Comentarios

A.C. As murallas

  • MAIL: asociacionculturalasmurallas@hotmail.com

Estamos presentes tamén en medios sociais.

Localización