A asociación



En nome da A.C. As Murallas recibe a nosa benvida a este sitio web, que pretende converterse nun punto de encontro e de difusión das nosas actividades. Esperamos que estas páxinas poidan servir para que se comprenda un pouco mellor todo o traballo que facemos e a nosa modesta achega a través das actividades e campañas que realizamos.

A nosa asociación nace como tal no 1998 na aldea de Bexo, pero formada dende o seu inicio por persoas de todo o concello.

Participar na asociación é moi sinxelo, tan só hai que ter ganas e tempo. Calquera veciña ou veciño pode formar parte das áreas de traballo, organizar actividades, asistir ás reunións da Xunta Directiva ou colaborar cos grupos que realizan o seu labor. Á hora de participar as nosas portas están sempre abertas.

 

  

A.C. As murallas

  • MAIL: asociacionculturalasmurallas@hotmail.com

Estamos presentes tamén en medios sociais.

Localización